LUMES - Lampai

Go to content

LUMES

INCENDIOS FORESTAIS                     Para avisar dun incendio chamar ao 085                                    
Loitar contra os incendios é cousa de tod@s.


Os incendios forestáis poñen en perigo ás persoas e as súas pertenzas, aos animáis, degradan o monte e CONTRIBÚEN AO CAMBIO CLIMÁTICO

QUE DÍ A LEXISLACIÓN?
Ley 3/2007, de 9 de abril, de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia
Os concellos tamén teñen responsabilidades. COÑÓCEAS AQUÍ

CAPÍTULO III
Artículo 20. Redes de fajas de gestión de biomasa. (COÑECEA AQUÍ)

TÍTULO III Actuaciones preventivas
CAPÍTULO II
Defensa de persoas e bens
Artígo 21. Redes secundarias de faixas de  xestión de biomasa.
1. Nos espazos previamente definidos como redes secundarias de faixas de xestión de biomasa nos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, será obrigatorio para as persoas responsables, nos termos establecidos no artigo 21  ter da presente lei, xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao chan urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte, de acordo cos criterios para a xestión de biomasa estipulados na presente lei e na súa normativa de desenvolvemento. Ademais, nos primeiros 30 metros non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei (VER ESPECIES). As distancias mediranse desde o límite do chan urbano ou núcleo rural, no seu caso. As distancias no caso de edificacións, vivendas illadas ou urbanizacións mediranse desde o  paramento das mesmas. En caso de depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, mediranse desde o límite das instalacións.

Artigo 21 bis. Redes terciarias de faixas de xestión de biomasa
Nos espazos previamente definidos como redes terciarias de faixas de xestión de biomasa nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais do distrito, que en todo caso actualizaranse incluíndo as infraestruturas preventivas contempladas nos proxectos de ordenación ou xestión forestal no ámbito do correspondente distrito, será obrigatorio para as persoas responsables, nos termos establecidos no artigo 21  ter da presente lei:
a) Xestionar a biomasa vexetal na totalidade da superficie das infraestruturas de uso público ou áreas recreativas, así como nunha franxa perimetral de 50 metros.
b) Xestionar a biomasa vexetal na totalidade das parcelas que se atopen dentro dunha franxa circundante de 50 metros ao redor de zonas forestais de alto valor, especificamente declaradas por orde da consellería competente en materia forestal, conforme o previsto nos criterios para a xestión de biomasa definidos na presente lei e na súa normativa de desenvolvemento.
c) Nas vías e camiños forestais, a xestión da biomasa vexetal farase no estrato arbustivo e  subarbustivo, na plataforma de rodadura do camiño e nos 2 metros desde a aresta exterior da vía ou camiño.
d) No resto de infraestruturas de prevención e defensa contra os incendios forestais (devasas, faixas auxiliares de pista, rozas, áreas devasas e outras infraestruturas de prevención e defensa contra incendios forestais), a xestión da biomasa vexetal farase de acordo co plan de prevención e defensa contra os incendios forestais dos distritos, debendo contemplarse nos instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

Artigo 22. Procedemento para a xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas.
1. As persoas físicas ou xurídicas responsables, segundo o disposto no artigo 21  ter, procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa antes do 30 de xuño de cada ano e conforme os criterios establecidos por orde da consellería competente en materia forestal.
2. No suposto de incumprimento do disposto no número anterior, os entes locais, no caso do artigo 21 e nas faixas laterais das redes viarias da súa titularidade, así como a consellería competente en materia forestal nos restantes casos, poderán notificar, de oficio ou a instancia de parte, ás persoas responsables a súa obrigación de xestión da biomasa vexetal, advertíndolles da posibilidade de execución subsidiaria en caso de incumprimento e sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que correspondese e da aplicación de multas coercitivas, no seu caso.
3. Se no prazo máximo de quince días naturais os citados titulares non acometesen a xestión da biomasa, as citadas administracións públicas, conforme as atribucións competenciais definidas con anterioridade, poderán proceder á execución subsidiaria dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables segundo o
disposto no artigo 21  ter.
4. En caso de execución subsidiaria, as persoas responsables segundo o disposto no artigo 21 ter están obrigadas a facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
.
QUÉ É O QUE ARDE?
Maioritariamente as especies pirófitas, como os piñeiros e os eucaliptos. Estas especies, especialmente a segunda, utilizan os incendios para multiplicarse rápidamente agravando a situación do monte, xa que  como consecuencia a rexeneración "natural" as plantacións adquiren unha densidade perigosa e dificilmente penetrable.
POR QUÉ ARDE?
Son múltiples e variadas as causas polas que arde o monte galego, a maioría delas, ao meu criterio, evitables. É polo tanto labor de tod@s loitar contra dos incendios pensando en algo máis que no beneficio económico rápido. Temos que pensar no futuro dos nosos fillos e netos, loitanto contra o Cambio Climático con responsabilidade.
Na seguinte enlace poderás ver algunhas das causas dos incendios forestáis,  publicadas por Galici@PRESS. (AQUÍ)
A QUEN PERXUDICA?
Os incendios forestáis teñen unha incidencia directa na saúde das persoas e animáis, na biodiversidades e, moi especialmente no Cambio Climático, comprometendo o futuro das vindeiras xeracións. Por eso é obrigado actuar con responsabilidades.
Doctora Lilia Manzo Delgado, do Instituto de Xeografía da UNAM
.
MEDIDAS PREVENTIVAS
.
O rural está cada máis despoboado e envellecido. A xente nova emigra as cidades en busca de traballo. Esta é a realidade que vivimos nas nosas aldeas.
Xa coñecemos o apegamento dos nosos maiores a terra que, incapacitados para cuidala, optan por cedelas para a plantación de eucaliptos a cambio duns ingresos que complementarán a súa modesta pensión, si é que a teñen.
Esto é comprensible pero si realmente queremos a nosa terra témola que revalorizar para beneficio dos nosos fillos, netos y demáis xeracións.
Porque hai solucións maís rentables que o eucalipto.
Os ingresos dunha hectárea/ano anda nuns 100 euros. Sábenno ben as 3000 Comunidades de Montes que hai en Galicia pero.... hai un pero importante.
Según a lei @s propietari@s de montes teñen que abonar os costes de apagar os incendios, pero esa lei non se aplica e pagámolo entre tod@s. Nos é xusto.
Si tiveran que pagar eses cartos o manteñemento dos eucaliptos daría perdas. Agora con cartos de todos pagamos os beneficios dos propietarios de montes, o que no é moi xusto.
Unha alternativa a eucaliptización , que ademáis sería moito máis rentable, seria a plantación de caducifolias, como froiteiras, froitos do bosque, carballos, ...
Unha plantación de froiteiras podería rendir uns 50.000 euros/ano. Claro que non son beneficios netos pois teriamos que detraer os gastos. Entre estes gastos estaría a man de obra.
E dicir que unha esplotación  de frondosas, froitos do bosque, ...... produciría máis beneficios, crearía postos de traballo e calquer emprendedor/a podería crear algunha empresa de transformación.
E por demáis, podemos facelo ecolóxico  e beneficiar o medioambiente, a saúde dás persoas e axudar a deter o Cambio Climático.
SANCIÓNS
A nova lei de patrimonio natural de Galicia incrementará as sancións polos incendios con multas de entre 200.000 e 2 millóns de euros.


Back to content