As moscas
NO FOGAR



COMO COMBATIR AS MOSCAS
As moscas son insectos moi molestos, de amplia distribución e que, especialmente no rural, resultan abundantes dada a presencia de gando, zoas húmidas, etc. Acabar con elas é prácticamente imposible e temos que recoñecer que tamén xogan o seu papel no ecosistema. Agora ben temos que intentar mantelas apartadas das vivendas polo molestas que resultan, especialmente cando apreta a calor.
Existen determinados remedios caseiros que ben utilizados poden mantelas fora dos nosos fogares. Citarei dous que poderemos aplicar simultáneamente e que mesmo resultan agradables para nós.
O primeiro sería colgar ramos de plantas aromáticas nas portas da casa, nas ventás, ou calquera abertura por onde poidan entrar. As plantas aromáticas desprenden un cheiro moi agradable para nós, pero que resulta repelente para as moscas.
Que plantas utilizar? Pois elexide entre unha ou varias das seguintes, según o voso gusto: romero, menta tomillo ou alcanfor.
Esta defensa a base de plantas aromáticas que crean un ambiente agradable pódese complementar poñendo colgadas nas entradas da casa bolsas de plástico transparente con 3/4 partes de auga. Atalas ben e colgádeas e vos sorprenderá o efectivas que resultan.
Como actúan?
Parece ser que de dous xeitos: descompoñendo a luz solar que se refracta creando uns prismas de luz que nos lles gusta e tamén porque o insecto vé o seu reflexo distorsionado e en movemento, e se asusta.
Tamén hai quen coloca botellas transparentes. cheas de auga nas portas.
Si utilizades estes sistemas, por favor comentádenos os resultados.
There are no reviews yet.