INTRODUCCIÓN - Lampai

Go to content

INTRODUCCIÓN

SAÚDE
A TÚA SAÚDE DEPENDE DE TI

Neste apartado imos incluír consellos para que, as persoas que o desexen, poidan gozar dunha saúde plena. Faremos especial fincapé na prevención da enfermidade e, por iso, como introdución, quero comentar un aspecto que resulta moi importante para a medicina Ayurveda e que nos axudará notablemente.

A enfermidade non aparece da noite´para a mañá, porque sí, senón que é a culminación dunha serie de desequilibrios que se van acumulando ata que se manifestan os síntomas. que é cando acudimos ao médico. Segundo o Ayurveda a enfermidade, ou desequilibrio, prodúcese en seis etapas. A aparición dos síntomas permanentes corresponde á quinta etapa deste proceso. A última será, como xa sabedes, a metástase.

É dicir que antes de "manifestarse" a enfermidade adoita producir lixeiras molestias ás que, por ser temporais e pasaxeiras,  non lle prestamos demasiada atención.

Quen non sentiu pesadez de estómago despois dunha comida excesiva?,
Quen non pasou unha mala noite tras pasarse coa bebida?,
Quen non se sentiu afundido ante unha situación de dor?,
...... pois xa sabedes: tratade sempre eses pequenos síntomas para que non deriven nunha enfermidade.

Escoitade ao voso corpo para sentir aquilo que vos pode facer dano e, moi especialmente, prestade atención aos temas emocionais, aqueles que non podedes esquecer e que vos producíron moita dor: separacións, falecemento de seres queridos, fracasos, abusos, etc. que, case sempre, agóchanse detrás da maioría das enfermidades.

E recorda que SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE, e mellor prevenir que curar



Back to content