A horta - Lampai

Go to content

A horta

NO FOGAR
A NOSA HORTA

Durante séculos a horta familiar constituiu unha fonte de recursos, tanto para a propia nutrición, como para a venda nas feiras e mercados. Co paso do tempo, a consecuencia das diversificadas ofertas das tendas, primeiro, e dos supermercados máis adiante, foise abandoando. Lamentablemente os produtos industrializados que nos ofrecen as grandes áreas, moi a pesar do seu coidadoso aspecto, distan moito de proporcionarnos os nutrientes necesarios para disfrutar dunha boa saúde.

Consecuencias?.
Pois unha nutrición deficiente que precisa dunha aportación extra de vitaminas, minerais, oligoelementos, etc. ata o punto de que hoxe tódolos médicos e nutricionistas recomendan a inxesta de complementos nutricionais para disfrutar dunha certa saúde. A razón é a carencia desas sustancias nos alimentos industrializados e cultivados a partir de sementes modificadas xenéticamente.

Cal é a solución?.
Pois voltar a horta familiar e facer cultivos ecolóxicos a partir das sementes tradicionais.
Ainda perdura no colectivo rural o ben facer destas prácticas, por iso, retomalas, non plantexa moitos atrancos.

Eu recomendovos que visitedes a páxina da Fundación Galicia Verde (www.fundaciongaliciaverde.org) onde atoparedes moitísima información sobre cultivos ecolóxicos. Dende esta páxina  da Asociación de Veciños de Lampai daremos resposta a todas aquelas cuestións que queirades plantexarnos.

Si o desexas podes deixar o teu comentario:
There are no reviews yet.
0
0
0
0
0

Back to content