.NOVAS DE LAMPAI

Está ben, pero que moi ben, que fagamos solicitudes ao Concello pedíndolle melloras nas infraestruturas, iluminación, repetidores, etc. Está moi ben, pois están para iso, ao servizo dos cidadáns, o que non quita que cada un de nós, por respecto aos nosos conveciños, ou simplemente por educación cidadá, teñamos a obriga de ter un comportamento, cando menos normal.
A que vén isto?
Pois a foto mostra claramente algo que se repite a cotío. É que non sabemos para que serve cada colector? É un espectáculo penoso, e que dí ben pouco ao noso favor, ver o lixo polo chan, os colectores rebordando de porquería e cubertos de mugre ... E parece que iso xustifica que algúns (?) poñan o cartón, o papel e máis o plástico, no colector de orgánicos, contribuíndo así a unha desfeita total que acabamos pagando entre todas e todos.
Por se alguén aínda non o sabe, hai tres colectores: amarelo para plástico, verde para lixo orgánico en xeral, e azul para cartón e papel. Vai sendo hora de que nos enteremos.
.
MOI URXENTE
.
De seguido incluimos as franxas de seguridade que teñen que estar perfectamente limpas nos arredores de cada unha das aldeas de Lampai. É obriga dos propietarios mantelas en perfectas condicións para non poñer en perigo aos seus veciños. Estas franxas non exoneran da obriga, por lei, de eliminar eucaliptos, e outras especies pirófitas, a menos de 50 metros das vivendas.
A FESTA DO FUTBOL
O día 29 de xullo de 2023, coincidindo coas festas de Lampai, celebrouse un partido de futbol entre "os vellos" e "os/-as novos/-as". Gañaron os/-as novos/-as e agora correspóndelles a eles/-as seguir coa continuidade cara ao futuro.
Ao remate do partido fíxose entrega, por parte de D Miguel Blanco (Presidente da Asociación de Veciños de Lampai) de medallas commemorativas aos pioneiros desde deporte na parroquia, así como a os/-as gañadores e participantes neste partido que recupera a tradición futbolística na parroquia.







NON AO PARQUE EÓLICO NO MONTE PIQUIÑO

Recreación do tamaño dos muíños en comparación coa catedral de Santiago
Autor: Colectivo a Rula
.
QUE PODES VER EN LAMPAI
TOXOS E FROLES
A veciñanza da parroquia de Santa María de Lampai, no seu desexo de mudar hábitos, e mellorar a súa calidade e vida otorga; ou ben un toxo, o unha flor, aos responsables daquelas actividades que afecten a Comunidade dun xeito negativo, ou positivo, para o seu recoñecemento público. Tamén colocaremos un reloxio indicador do tempo transcurrido dende que facemos unha solicitude ata que ten resposta final por parte das Administracións. ¡Tomemos nota!

TOXOS para

FROLES para
Os veciños e veciñas da Parroquia que, a pesar dos seus anos, acoden ao curso de iniciación ás novas tecnoloxías demostrando así que con vontade e constancia, son capaces de poñerse ao día. Quen dixo medo! Dous días por semana acoden a clase e progresan dun xeito constante e seguro. Todo un exemplo de superación do que tod@s deberiamos tomar boa nota. Parabens da Xunta Directiva da A.VV.!




Servicios
Na parroquia de Santa María de Lampai podes atopar diferentes servicios profesionais: xantar, ebanistería, etc
5 lugares
Lampai consta de 5 lugares: A Grela, A Silva, Mosteiro, Veitureira e Vilar do bispo. Aquí podes coñecelos máis polo miudo.
Que ver
Lampai dispón de varios roteiros para disfrutar ao aire libre. Aquí poderás coñecer algunhas das cousas a visitar.

Como chegar
Premendo EIQUÍ accederás a Google Map e poderás coñecer como chegar a Lampai dende calquera punto
