HISTORIAL - Lampai

Go to content

HISTORIAL

COÑÉCENOS
ANO 2019
ARRANXADA A ESTRADA A LOUREIRO



Por fín temos rematada a estrada que vai dende A Grela a Loureiro. Despois dunha longa espera sei que estamos na etapa de mellora das nosas infraestruturas. Agora poderemos ciaxar a A Estrada ou Pontevea sen ter que dar rodeos por Luou, ou asumir o risco de avarias ou pinchazos. ¿Lástima que non a anchearan algo!
MELLORAS NA SILVA
Xa están a piques de rematar ao obras de mellora da rede de saneamento e pavimentado da parroquia de A Silva.
¡Noraoa a veciñanza dese fermoso núcleo!.

OS MUIÑOS DE LAMPAI


O pasado 19 de maio fíxose unha pequena ruta coa compaña dalgún dos membros da corporación municipal, entre eles o alcalde Rafa Sixto, para acercarnos aos antigos muiños da parroquia.

Lampai é coñecida por varios motivos, algúns deles de carácter cultural, que perduran no tempo e contan historias que anos atrás pasaron a xente que aquí viviu.

Os muiños neste caso, debido as necesidades daqueles tempos, foron un pilar para a vida cotiá dos veciños, sendo algún deles, arrendado a pobos limítrofes como Loureiro.

É certo que a día de hoxe, estas emblemáticas construcións non teñen a demanda de antano, pero non por ese motivo podemos botar a perder este patrimonio etnográfico que temos a sorte de herdar.

Esta visita, centrouse principalmente en compartir alguna información que se foi recopilando dos vecinos máis vellos, e percorrer na medida do posible a senda primitiva que sae dende a fonte da Grela ata as antigas pontellas dos últimos muiños da parroquia. Toda esta senda vai acompañada por un antigo muro de pedra seca e unha grandiosa carballeira , das que cada día escasean máis.

O estado en xeral das construcións e do camino é ruinoso, pois os anos de abandono fixerón que o monte descoidado o invadise sin piedade.

Coa colaboración conxunta dos veciños e o concello, queremos recatar esta xoia escondida e recuperar o que con tanto esforzó e traballo conseguiron os nosos ancestros, podendo así deixar un legado que estamos a piques de perder.

O primeiro paso que necesitamos dar, será acondicionar o camiño de acceso, e revalorizar así unha fermosa ruta pola que poidamos pasear cómodamente, unindo a aldea do Mosteiro e A Grela sen necesidade de ir pola carretera. Dando así visibilidade aos muiños, que esperemos pouco a pouco e entre todos, poidamos ir rescatando do olvido, e quen sabe se no futuro, volver a escoitalos funcionar.
.
Back to content