RESPONSABILIDADES CONCELLO - Lampai

Go to content

RESPONSABILIDADES CONCELLO

CAPÍTULO II
Artigo 7
Competencias das entidades locais.
Corresponde aos concellos e a outras entidades locais:
a) Elaborar e aprobar os plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, conforme o previsto na presente lei e na lexislación galega de montes, e integralos nos plans de emerxencia municipais, de acordo co previsto na lexislación galega de emerxencias.11
b) Adoptar as medidas de prevención de incendios forestais que lles correspondan en terreos da súa titularidade.
c) Colaborar cos medios dispoñibles coa dirección técnica de extinción de incendios forestais.
d) Ordenar a execución das obras necesarias para conservar e manter o chan e a biomasa vexetal nas condicións precisas que eviten os incendios, en consonancia cos artigos 199.2 e 9.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e de forma máis concreta a ordenación e execución subsidiaria da xestión da biomasa nos termos dos artigos 21, 22 e 23 da presente lei, contando para iso coa colaboración técnica e/ou económica da Xunta de Galicia nos termos previstos no artigo 59 da presente lei, conforme o establecido no 11 Apartado a) do artigo 7 modificado por disposición final primeira. Seis da Lei 7/2012, do 28 de xuño.
e) Xestionar as redes secundarias de faixas de xestión da biomasa e as faixas laterais das redes viarias da súa titularidade, nos termos da presente lei.
Artigo 16. Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.
1. O plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais integrarase nos plans municipais de emerxencias, conforme
o establecido na lexislación galega de emerxencias.
2. A estrutura dos plans municipais de prevención e defensa contra incendios forestais será establecida por orde da consellería con competencias en materia forestal, de acordo coas directrices que estableza a normativa aplicable en materia de emerxencias. En todo caso, incluirá a rede das pistas, viarias, camiños, estradas e montes de titularidade municipal e a definición das redes de faixas secundarias, así como a análise da propiedade destas redes de faixas. Poderán incluír ordenanzas de prevención de incendios concordantes co obxecto da presente lei en chan urbano, núcleo rural e urbanizable delimitado situado a menos de 400 metros do monte.
3. A dirección xeral competente en materia forestal informará  preceptivamente e con carácter vinculante os plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais antes da súa aprobación.
4. A coordinación e a xestión do plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais competen aos alcaldes ou alcaldesas.
A elaboración, execución e actualización deste plan ten carácter obrigatorio.
Back to content