BENVIDA
ASOCIACIÓN

Alá polo ano 1980, un grupo de veciños decidiron xuntarse para crear a Asociación co fin de sinalar as carencias e dar a coñecer as necesidades da parroquia. Naquel momento, unha das primeiras reclamacións foi un servizo de bus con destino a Santiago. Dende aquela ata hoxe houbo moitas máis, e as que quedarán para ir mellorando.
Neste ano, quixemos continuar coa mesma idea coa que naceu e darlle un novo impulso vendo as deficiencias que estamos a ter, tanto a nivel de telecomunicacións coma a outros niveis, intentando poñer en coñecemento, tanto do Concello coma doutros organismos, a problemática existente.
Unha das medidas que tomamos é preparar e presentar esta nova páxina web, na que pretendemos:
- Mostrar as historias e características das aldeas que a conforman. Para iso precisamos a vosa colaboración e gustaríanos que nos aportarades información, fotos, historias, etc., que queirades compartir de maneira que non queden no olvido.
- Un lugar onde se poidan consultar teléfonos, enderezos, horarios e demais información que nos axude no noso día a día.
- Mostrar información de eventos que a Asociación poida realizar.
Esperamos que vos guste, agradecemos o apoio que nos ofrecedes e pedimos que continuedes aportando ideas e participando nas actividades que iremos preparando dende a Asociación.
Un saúdoXunta Directiva