ARTIGO 20
Artígo 20. Redes de faixas de xestión de biomasa.
1. A xestión da biomasa existente nos terreos forestais e zonas de influencia forestal é realizada a través de faixas, situadas en lugares estratéxicos, onde se procede á modificación ou remoción total ou parcial da mesma, buscando a ruptura da continuidade horizontal e vertical da biomasa presente.
2. As faixas de xestión de biomasa divídense en redes primarias, secundarias e terciarias.
3. As redes primarias de faixas de xestión de biomasa son infraestruturas lineais de prevención e defensa, situándose ao longo:
a) Da rede de autoestradas, autovías, corredores, vías rápidas e carreterasconvencionales.
b) Das infraestruturas ferroviarias.
c) Das liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica e de gas natural.
4. As redes secundarias de faixas de xestión de biomasa teñen un ámbito municipal e posúen a función prioritaria de protección dos núcleos poboacionais, as infraestruturas, os equipamentos sociais, as zonas edificadas, os parques e os polígonos industriais.
5. As redes terciarias de faixas de xestión de biomasa sitúanse nos terreos forestais e zonas de influencia forestal e están vinculadas ás infraestruturas de uso público, así como ás seguintes infraestruturas de prevención e defensa contra os incendios forestais: camiños, viarios, pistas forestais, devasas, faixas auxiliares de pista, áreas devasas e outras infraestruturas ou construcións relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais.
6. As especificacións técnicas en materia de defensa do monte contra os incendios forestais relativas a equipamentos forestais e ambientais e de uso social situados en terreos forestais serán definidas mediante orde conxunta das consellerías competentes en materia forestal e de conservación da natureza.
7. Sen prexuízo do disposto nos artigos seguintes, as especificacións técnicas relativas á construción e mantemento das redes de faixas de xestión de biomasa desenvolveranse pola consellería competente en materia forestal.
8. Os proxectos de repoboación forestal haberán de respectar as faixas de xestión de biomasa previstas neste artigo.
Artigo 20 bis. Redes primarias de faixas de xestión de biomasa
Nos espazos definidos como redes primarias de faixas de xestión de biomasa será obrigatorio para as persoas responsables, nos termos establecidos no artigo 21 ter da presente lei:
a) Ao longo da rede de autoestradas, autovías, corredores, vías rápidas e estradas convencionais, deberá xestionarse a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados na presente lei, nos terreos incluídos na zona de dominio público. Ademais, nos devanditos terreos non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei. (VER AQUÍ)
b) Ao longo da rede ferroviaria, deberá xestionarse a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados na presente lei, nos terreos incluídos na zona de dominio público. Nesta faixa non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei. (VER AQUÍ)
c) Nas liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica, sen prexuízo do necesario respecto das especificacións da regulamentación electrotécnica sobre distancia mínima entre os condutores, as árbores e outra vexetación, deberá xestionarse a biomasa nunha faixa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente. Ademais, nunha faixa de 5 metros desde o linde da infraestrutura non poderá haber árbores das especies
sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei.(VER AQUÍ) A xestión da biomasa incluirá a retirada desta por parte da persoa responsable regulada no artigo 21 ter da presente lei, sen prexuízo da facultade do propietario do terreo afectado de proceder á súa retirada. Para estes efectos, a persoa responsable haberá de remitir ao taboleiro de edictos do concello un anuncio, con quince días de antelación ás operacións de xestión da biomasa, para os efectos de que os propietarios dos terreos poidan executalas previamente, en caso de estar interesados. Transcorrido devandito prazo, a persoa responsable estará obrigada á realización da xestión da biomasa.
d) Nas conducións de transporte do gas natural deberá xestionarse a biomasa nunha faixa de 1 metro e medio a cada lado do seu eixo.