FUTBOL - Lampai

Go to content

FUTBOL

COÑÉCENOS
OS PIONEIROS
José Mosquera, Roberto Botana, Ernesto Vidal e Pepe de Francisco

A HISTORIA DO FUTBOL NA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE LAMPAI

 
A historia do fútbol na parroquia de Santa Maria de Lampai ten dúas  etapas ben definidas, antes e despois de federarse. Para falar da primeira estivemos con Ernesto Vidal Rey que, con Luis Felpete e Hipólito (José Camilo Pedrouzo García), foron os impulsores desta disciplina deportiva na nosa parroquia.
 

.
AS PRIMEIRAS XESTIÓNS CO CAMPO

As xestións para a construción do campo de futbol iniciáronse no ano 1976. Ao principio tentouse facer no palomar, na Pedreira,  onde había un terreo que daba para as medidas regulamentarias, pero que tiña unha toxeira na parte de abaixo e o seu propietario, exercendo o seu dereito, non a quixo ceder. Entón decidiuse facelo na parte de arriba, onde está na actualidade. Elixiuse este terreo porque era case chan.
O terreo era comunal e cedeuse por doazón
As reunións sempre tiveron lugar na taberna de Pepe Botana Barros, que  se foi convertendo pouco a pouco nunha especie de sede social. Alí xuntábase con Ernesto Vidal, Santiago Gómez Botana, Pepe o de Lagueiro e José Mosquera Barreiro, ainda que tamén axudaron moito Roberto Botana e Pepe do tío Francisco. Os que levaban a voz cantante foron Ernesto Vidal e Pepe o taberneiro porque tiñan máis tempo. Eles encargáronse de ir ao Concello a resolver os problemas que se lles presentaban. Os demais traballaban e cando había algunha cousa que resolver xuntábanse todos na taberna e decidían.
Tamén se xuntaban no teleclube para falar de moitas cousas. “Recordo que nunha das primeiras reunións que fixemos xuntámonos primeiro nós e na segunda xuntáronse só os rapaces, e nós esperando alí como gilipollas, porque necesitabamos que viñera toda a Parroquia. E Pepe de  Francisco dixo que non facía falla que viñese toda a Parroquia. Nós facemos o acordo e xa está, pero tíñamos que xuntar cartos”.
Ao final, despois de moito insistir e esperar, o Concello concedeunos os cartos para pagar a pala. O resto doouno a Parroquia. Menos mal, porque na parte de arriba había moita pedra e os da pala tiveron que meter barrenos, que non estaban presupostados. Na parte de abaixo houbo que facer un recheo porque había un gran desnivel. Todo o material, que eu recorde,  procedía do mesmo sitio. Non trouxemos nada de fóra.
.

OS XOGADORES

Entre os primeiros xogadores había moitos de Lampai, pero cando facía falta tamén viñan de fóra; de Pazos, de Calo, ... e logo viñeron os rapaces que estudaban no colexio de Calo. Máis adiante serían todos de Lampai.
Antes de facer o campo xogábase en Calo, en Cacheiras, ... ata que se organizou o campo propio, que se inaugurou xogando contra o equipo grande da Escravitude.
.

O FINANCIAMENTO

Cando os encargados do club foron a Cacheiras a falar co Alcalde, Ignacio Varela, os nervos lles podían, e  cortáronse moito cando se xuntaban os clubes; non se atrevían a falar diante de todo o mundo, e marchaban.
A pesar diso o Concello deulles 100.000 pesetas para preparar a explanada. Como facían falta máis cartos, pedíronos pola Parroquia e xuntaron unhas 50.000 pesetas. Parece ser que houbo algún que non quixo dar nada : “ Non quixo dar un puto peso, e logo os seus fillos non se cansaban de xogar no campo”. Houbo veciños que deron 100 pesetas, outros 500, outros 50, ... Eses cartos foron para pagar a pala de Zas, que daquela traballaba por aquí, e que cobraba 125.000 pesetas. O finado Martínez redactou o documento de cesión das propiedades. Ese documento, xunto cos carnets, os cuños,  papeis para facerse socios, etc., gardáronse na taberna ata que o equipo se federou e os papeis pasaron a poder de Luis e Hipólito.
Houbo que esperar uns seis meses ata que veu un de Pontevea, Martínez Montes, que nivelou todo o terreo e despois puxéronse as porterías e foi cando se comezou a xogar no campo. As obras duraron medio ano. O que máis tardou foi o dos barrenos. O da pala  pedía 125.000 pesetas, e tivemos que voltar ao Concello a pedir máis cartos. O campo quedou bastante ben pero, aínda que se podía xogar, había algunhas imperfeccións. Fomos onda o Alcalde a pedirlle. Voltou Martínez, nivelouno e deixouno bordado.
.

O CENTRO SOCIAL

O centro social era a taberna de Pepe. Alí cambiábanse  os rapaces,  e subían e baixaban correndo ao campo. Non había casetas. Esas fixéronse cando se federaron. Ao no estar federados, os partidos xogábanse cando había festas. Outras veces facíanse esporadicamente. Cando viñan de traballar, os rapaces xuntábanse na taberna e acordaban xogar tal ou cal día. Neses partidos xogábanse unhas copas que pagaban entre todos os xogadores. Por exemplo, se unha copa valía 2.000 pesetas, repartíase o gasto entre todos e o que a gañaba levábaa para a casa.
Pouco a pouco, os xogadores dos arredores fóronse federando e non había contra quen xogar. Eses foron uns anos de parón, nos que se perdeu moito, ainda que se organizou algún partido esporádico.
No documento que fixo Martínez, dicía que o campo era para o futbol. O que pretendía era que non se puidese vender, aínda que se fixesen outras actividades. Era para a Parroquia.
.

O PÚBLICO

O público que asistía non era moi numeroso: os rapaces, as noivas e os pais. E algún que viña de fóra co equipo visitante. Non se cobraba entrada. Pedíase a vontade e o que se recadaba xuntábase para lavar as camisetas. Lavábaas Fina, que vivía ao pé da taberna de Manuel Sández. Creo que cobraba unhas 100 pesetas. Tamén lavaba as toallas.
.

OS DESPRAZAMENTOS

Fixéronse poucos desprazamentos, case sempre en coches particulares onde viaxabamos arrombados; algún desprazamento foi en autobús. Era un autobús pequeno que pagabamos entre nós. Fomos 2 ou 3 veces a Calo. O procedemento era sempre o mesmo: xuntabámonos na taberna de Corral a ver cantos iamos, e pagabamos entre todos. Cos cartos reunidos chamabamos o autobús e viaxabamos a Calo. Ao chegar pagábaselle ao chofer, e problema resolto.
.

A CAMISETA

Cos cartos que sobraban despois de pagar a pala, mercamos camisetas novas, toallas e bolsas para o material.
A camiseta tiña raias vermellas e brancas, porque era a que utilizaban os rapaces. Sempre xogaron con esa camiseta de raias brancas e vermellas, sen ter nada que ver con outras consideracións.
.

O ESCUDO, O CARNET E O CUÑO

Necesitabamos un escudo. A idea foi de todos, e fixémola na taberna. Despois baixamos a Padrón, á imprenta de Padrón, e alí concretaron os nosos soños. Nós levabamos un debuxo feito, mal feito, con bolígrafo e eles déronlle forma, fixeron o cuño e mostráronnolo. Dixémoslles ¡adiante!.
Fixemos dous cuños: un redondo e outro máis pequeno que se poñía no  medio. Tamén encargamos os carnets de socios. Non sei se eramos uns 20 socios. O carnet de socio pagábase na taberna, onde estaba Pepe. Alí tiñan os carnets e os cuños. Ninguén levaba o carnet no peto, quedaban sempre na taberna porque no campo pasaban unha gorra e cada un daba  a vontade.
.

O FINANCIAMENTO DOS TROFEOS

Despois, para xuntar máis cartos, acabamos subastando unhas botellas de coñac. E fixemos rifas en talonarios para ir vendendo e cobrando só a vontade. Sempre xuntabamos para mercar as botellas e, se sobraban cartos, eran para pagar a limpeza das camisetas.
Os socios pagaban 50 pts. ao mes, o que podía.
“Logo nós deixámolo. Federáronse e, pouco a pouco, foise perdendo a ilusión de cando se comeza. Todo quedaba na taberna de Pepe ben gardado. Despois,  perdinlle a pista”.
.

FEDERADOS

Na Federación inscribironse máis adiante cando o club o levaban Hipólito e Luis Felpete. Eles traballaron 4 ou 5 anos. Logo houbo un parón doutros 4 ou 5 anos ata que entrou a nova xeración. Na primeira foto que temos deles, vemos que  son rapaces de 11 a 14 anos.
Na primeira directiva estaban José Camilo Pedrouzo García, Santiago Gómez Botana, Luis Felpete Aguión, Elías Santos Fernández e José Luis Felpete Piedra.
Cando se fixeron cargo do club Hipólito e Luis Felpete, unha vez federados, construiron a cantina e logo os vestiarios, a traida de auga, a luz, ... “Agora está todo abandonado e roto. Dá pena velo”, comenta Ernesto Vidal.
Nós puxemos moita ilusión, moito empeño, pero os que viñeron detrás tiveron moito mérito porque federaron o equipo, fixeron as casetas, puxeron luz e auga. Mentres non se fixo o pozo de barrena, para ter auga había uns bidóns e traíase a auga en cubos para que os xogadores se puideran duchar. Tamén traballaron moito para poñer auga quente.
Seguramente terían algunha axuda do Concello.
As primeiras porterías fixéronas collendo eucaliptos por aí.
.

AS XUNTANZAS NO CONCELLO

Pepe de Lajoeiro e Erbesto Vidal eran os que facian as reunións con Alcalde pero antes xuntábanse na taberna e falaban que dicir. Pepe de Francisco tamén axudou.
Roberto Botana tamén apoiou moito, e tamén xogaba.
Cando fomos a Cacheiras para pedir cartos, estaba cheo de xente e nós alí cortabámonos e diciamos: “eu non lles pido nada”. E marchamos. O primeiro en marchar foi Pepiño, e eu pois tamén marchei. Marchamos todos. Ao día seguinte fomos Pepiño e máis eu xunta do Alcalde e preguntounos polos outros ... PERO MELLOR ESCOITADE A GRABACIÓN INFERIOR.
EQUIPO CAMPEÓN 1987-88



1995-96


José Luís (Mister) , Amancio, Jose Crespo, Gustavo, Lueiro, Kiko, José, Dochin, Hipolito
Caxaraville, Candi, Josiño, Oscar, Couso, Lucki


1996-97



Gustavo, Santi, Oscar, Manolo, José, Cesar, Candi, Caxaraville, Muller do Bariloche, Juan “Mister”
Brenlla, Madar, Josiño, Lueiro,  Manolito, Kiko, Nené, Jose Crespo, Lucki, José Luís
Hipólito fora da foto, a esquerda.


1997-98


Luís (Directiva), Juan, Gustavo, Javier, Dubin, Josiño, Madar, César, Candi, Enrique
Manolo ”Mister”, Charly, Felpete, Lucky, José, Carlos, Couso, Oscar e Kiko


1998-99 (liga)


Luis, Manolo (Mister), Kko, José, Brenlla, Gustavo, Licho, Miguel, Víctor, Hipólito
Enrique, Oscar, Reysiguer, Palop, Josiño, Madar, LUcky, Caxa

1998-99


José, Lueiro, Madar, Licho, Gustavo, Miguel, Brenlla, Hipólito “Presi”, Luis
Enrique, Victor, Charly, Oscar, Josiño, Lucky, Kiko e Manolo (Mister)
1998-1999
(Copa do Sar, contra o Carcacía, que gañou o trofeo)


Lucky, Benigno, Victor, Charly, Reysiguer, Kiko, Luis
Gustavo, Candi, Martín, Madar, Hipolito, Palop, Manolo (Mister), Moncho
Enrique, José Ra, Gustavo, Licho, Oscar, Lueiro, Josiño, José

1999-2000


Caxa, Brenlla, Candi, Martin, Chupi, Pepe de Otero, Antonio (Mister), Lueiro
Jicho, Josiño, Lucki, Palop, Oscar, Juan, Madar, Gustavo
(José Sánchez Boquete presenta a placa como mellor aficionado da tempada)


1999-2000



Antonio “Mister”, Juan, Kiko, Candi, Martín, Cesar, Caxa, Chupi
Dani, Josiño, Palop, Oscar, Lueiro, Madar, Lucky

2002-2003


Carlos, Felpete, José, Candi, José Vieito, Madar, Esteban, Oscar
Andrés (Boquete), Fran, Jorge, Juan, Sito, Josiño, Caxa


2003-2004

Elías, Palop, Oscar Sixto, José Veitu, Uruguayo, Caxa, Candi, Yoyas, Pepe, Jorge, Carlos
Felpete, Josiño, Manolo, José, Oscar,Sito, Madar, Enrique e Lucki

2004-2005


Luís, Alberto, Martín, Madar, Esteban, Palop, Fran, Tavito, Antonio “Mister”, Elías, Pepe
Parrulo, Jorge, Rial, Josiño, Oscar, Miguel, Lucky, Caxa, Enrique
2005-2006


Carlos, Miguel, Lisi, Dubin, Tavito, Ivan, Caxa
Adrian, Javito, Palop, Oscar, Lucky, Rial
(Nenos: Filla de Carlos, Juanma e Hector de Palop, Migiel fillo de Oscar (Miguel) e Ivan de afillado de Oscar)

MELLOR AFICIONADO DA TEMPADA 2002-2003

José Sánchez Boquete foi galardoado con este premio
Back to content