XOGOS DE ACCIÓN
COÑÉCENOS
A conta atrás
Nº de participantes: Arredor de 15, dende os 8 anos
REGRAS DO XOGO:
Os xogadores colocanse en fila, e ou director do xogo colocase á cabeza de dita fila. A fila avanza, e, nun momento dado, o director do xogo comeza a contar en voz alta a partir do nº 10 e en sentido inverso, é dicir, "10","9","8",. . . ata cero. Durante o tempo en que se produce a conta atrás os xogadores corren a esconderse, pero, !coidado¡ porque, cando o director do xogo chegue ao cero, pararase, darase a volta, e dende ese lugar nomeará en voz alta a todo aquel xogador que vexa, eliminándoos do xogo. Cos xogadores restantes o xogo volve renovarse, pero agora o conteo empezará desde "9" (agora haberá menos tempo para esconderse), e así, sucesivamente, desde o "8", desde o "7",. . . Vence o último xogador que sexa eliminado.
OBSERVACIÓNS: É un xogo de habilidade, rapidez de reflexos e picardía, sendo moi interesante o seu desenvolvemento en zonas de campo onde haxa suficientes árbores, matorrales, etc. , onde poder esconderse.
Os platillos flotantes
Nº de participantes: Entre 4 e 12 por xogada, dende os 10 anos
REGRAS DO XOGO:
O director do xogo explica que un novo e sensacional invento permite atravesar os mares a pé seco. Cada viaxeiro dispoñerá de tres pequenos círculos de papel ríxidos. Os xogadores colócanse nunha liña de saída, cada un cos seus tres círculos de papel, e a un sinal do director do xogo, parten cara a unha meta prefijada.
A forma de correr con todo, non é sinxela: Colocan dous círculos no chan e poñen os seus pés sobre eles. O terceiro círculo colócano diante, e poñen un pé neles. Agora, recupérase o círculo que quedou detrás e ponse diante. Así, sucesivamente, vaise avanzando sobre os círculos.
Vence o xogador que chegue primeiro á meta. Quedarán eliminados os que poñan un pé fose do círculo ou a man plana sobre o chan.
OBSERVACIÓNS: Xogo de habilidade, onde se desenvolve o sentido do equilibrio.
MATERIAL: Tres círculos de cartulina ou papel por xogador.