STA. Mª LAMPAI - Lampai

Go to content

STA. Mª LAMPAI

.
Santa María de Lampai é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 286 habitantes (146 homes e 140 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación en 4,3 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 297 habitantes.

PATRIMONIO:
A igrexa de Santa María de Lampai é de orixe románica e conserva a base estrutural: unha ábsida case cuadrangular e unha nave rectangular. A porta, situada na fachada, está rodeada dunha dobre arcada de medio punto volteada sobre columnas próximas. Tamén son destacables os arcos lobulados da arcada superior.
No interior da igrexa destaca a capela maior cuberta cunha bóveda de canón sostida por dúas arcadas de medio punto, subliñando o arco triunfal de entrada que se voltea sobre as columnas de capiteis vexetais.
En Mosteiro, a mesma aldea onde está a igrexa, existiu o mosteiro de San Paio, que dá nome ao lugar e que foi incendiado polos veciños en rebelión polos abusos sufridos polos monxes.
Dá nome ao couto de Lampai, un terreo pertencente actualmente á veciña parroquia de Cruces (Padrón), doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes.
Fonte: Wikipedia

Evolucion de la poblacion desde 2000 hasta 2018.
Segun los datos publicados por el INE a 1 de Enero de 2018 el numero de habitantes en Lampai (Santa María) era de 290, 2 habitantes menos que el en el año 2017. En el grafico siguiente se puede ver cuantos habitantes tiene Lampai (Santa María) a lo largo de los años..



Fonte: Foro-Ciudad.com

Para saber máis: AQUÍ
Back to content